Consultores Asesores Netglobal, división de consultaría de Contactnova S.L. e pertencente o grupo empresarial Netaccede, creouse no ano 2000 co obxectivo de proporcionar solucións avanzadas de negocio aos seus clientes, tanto do sector público como do privado, apoiando a integración organizativa da súa estratexia, os seus procesos operativos e as tecnoloxías requiridas de soporte.
Consultores Asesores Netglobal concentra un elenco multidisciplinar de profesionais que facilita a consecución de resultados, en base á detección e aproveitamentamento de vantaxas competitivas e ao asesoramento en ámbitos estratéxicos, legais e fiscais relevantes así como na capacidade de implantar e empregar os sistemas tecnolóxicos máis modernos e eficaces.
Consultores Asesores Netglobal centrase en crear, ou desenvolver cos nosos clientes, proxectos innovadores e iniciativas organizativas competitivas, involucrándose na súa posta en marcha cun enfoque cooperativo, de rede, e perseguindo resultados medibles.
A nosa experiencia abarca a Consultaría tecnolóxica, a Consultaría de comunicación e a Consultaría estratéxica. Nesta última destacamos a nivel nacional na Consultaría de procesos electorais.
| Estamos homologados como Asesores en Innovación polo Consello Superior de Cámaras de Comercio de España. Temos tamén a Certificación do Sistema de Xestión de Calidade ISO 9001:2008 (Asociación Española de Normalización y Certificación, AENOR). | ![]() |