Internacionalización e cooperación empresarial

Consultores Asesores Netglobal aposta por competir no mercado global a través dunha estratexia de internacionalización e cooperación empresarial para asentarse en mercados exteriores prioritarios, dentro dun proceso de integración horizontal e vertical en sectores e subsectores. Creemos no aproveitamento das economías de escala e de economías externas positivas.

Formulamos estratéxias e ferramentas para alcanzar as potenciais vantaxes competitivas produto-país. Apostamos por proxectos de ámbito Eurorexional e pola cooperación con Europa, Latinoamérica e os mercados emerxentes. Tratamos de contribuir a crear unha cultura de internacionalización pragmática, en base a prioridades e obxectivos plurianuais medibles.

Aportamos asistencia técnica a empresas, administracións públicas, asociacións e organismos intermedios en ámbitos como:

  • Creación de acordos sobre prioridades
  • Execución de plans de acción
  • Estratexias de internacionalización
  • Plans país e plans sector
  • Análise e deseño de políticas de apoio á internacionalización
  • Estudo e seguimento de mercados internacionais
  • Acceso a licitacións internacionais
  • Encontros empresariais e xornadas de difusión