Estudos demoscópicos

Consultores Asesores Netglobal ofrece deseño, execución, análise e interpretación de estudos de opinión entorno ás dimensións de interese para os nosos clientes, aplicados ás características específicas da poboación obxecto de estudo.

En Consultores Asesores Netglobal colaboramos cos nosos clientes para determinar os parámetros ou dimensións obxecto de estudo e definir a poboación a analizar. Unha vez fixados estes obxectivos, determínase o tamaño mostral atendendo aos niveis de confianza acordados cos nosos clientes e aos estratos convenintes para a análise.

O equipo profesional de Consultores Asesores Netglobal conta con politólogos, sociólogos, economistas e económetras que deseñan o cuestionario atendendo aos obxetivos fixados e á tipoloxía adecuada de preguntas para cada dimensión a estudar. Este cuestionario é consensuado cos nosos clientes e evaluado mediando un pretest.

Para a recollida de datos contamos cun centro de atención de chamadas propio (Callcenter) con ampla experiencia na realización de entrevistas telefónicas. O método utilizado é o de entrevista telefónica asistida por ordenador (CATI), basado nun riguroso sistema de control de recollida de datos.

Finalizado o traballo de campo, realízase un control adicional de calidade sobre os datos recollidos. Posteriormente aplícanse ao banco de datos as técnicas de inferencia estatística apropiadas para os obxectivos do estudo. Tras a interpretación dos resultados, elabórase un informe visual de presentación dos mesmos, con conclusións ou recomendacións.