Procesos electorais

Consultores Asesores Netglobal asesora á Administración Pública na planificación, organización, execución e control de procesos electorais, proporcionando tamén asistencia xurídica e infraestructura organizativa e tecnolóxica para que o complexo dispositivo electoral se execute con transparencia, rapidez e eficiencia. C.A. Netglobal é a única empresa de España co certificado de AENOR do Sistema de Xestión de Calidade ISO 9001 en "prestación de servizos de consultaría en procesos electorais".

A nosa metodoloxía supón unha solución integral para a administración convocante, contrastada ao longo das nosas experiencias anteriores: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, 2005, 2001 e eleccións ao Parlamento das Illas Baleares 2003. O noso sistema incorpora ferramentas de apoio en aspectos tales como:

 

  • Avaliación previa de necesidades de servicios e subministros
  • Asesoramento en materia legal, administrativa, tecnolóxica, orzamentaria e de control de gastos
  • Organización e colaboración na xestión da cooperación institucional requirida
  • Simulación de escenarios de datas posibles para os comicios e deseño do calendario electoral
  • Colaboración na redacción de pregos dos concursos públicos necesarios e na xestión e control de proveedores
  • Deseño e elaboración de instrucións económico - administrativas e manuais electorais
  • Elaboración de documentos para a comunicación pública sobre o proceso
  • Xestión do operativo humano e técnico a mobilizar na xornada electoral
  • Deseño e implantación da website institucional
  • Xestión documental do proceso a través dunha aplicación informática